Achegas
Este servizo permítelle achegarnos as súas preguntas, dúbidas, opinións, críticas, parabéns e agradecementos sobre os temas do seu interese que estean en relación co Sistema Público de Saúde de Galicia. Se desexa que lle respondamos deberá indicarnos obrigatoriamente unha conta de correo electrónico. As consultas que inclúan datos de carácter persoal non poderán ser respondidas por esta vía e deberá presentar a súa comunicación no apartado de reclamacións.
Presentación das súas preguntas, dúbidas, opinións, críticas, parabéns e agradecementos
Reclamacións
Este servizo permítelle presentar unha reclamación ou suxestión en relación coas incidencias observadas na prestación dos servizos e obter unha resposta ou pronunciamento da unidade competente. Para obter resposta á súa reclamación debe acceder desde este punto. Solicitaráselle cubrir un formulario detallado e deberá dispoñer de certificado dixital, DNI electrónico ou CHAVE365 para acreditar dixitalmente e de forma inequívoca a súa identidade. As reclamacións e suxestións formuladas por este medio non terán a consideración de recurso administrativo nin paralizarán os prazos establecidos na normativa vixente para interpoñelos.
Presentación de reclamacións ou suxestión en relación coas incidencias observadas na prestación dos servizos